descrición
Se eu tivese que dicir algo, ¿que diría no mundo dos xordos a miña presencia?
¿Como ía comunicarme se non me ven?
Mira ao fondo do teu corpo. ¿Síntesme? Estou aló entre as capas da túa pel.
Se non me ules como podes dicir que non podo estar aquí, tentando abrir a miña mente.
Tócao ! A ver quen podo ser.
A sinestesia, do grego συν, 'xunto, e αισθησία, 'sensación', é, na retórica, estilística e na
neuroloxía, a mestura de varios sentidos. Un sinestésico pode, por exemplo, oír cores,
ver sons, e percibir sensacións gustativas ao tocar un obxeto cunha textura determinada.
Non é que o asocie ou teña a sensación de sentilo: sínteo realmente. A sinestesia é un
efecto común de algunhas drogas psicodélicas, como o LSD, a mescalina ou algúns
fungos tropicais.
¨To-que¨ é un proxecto só que está baseado no fenómeno da sinestesia. Pensando nel
como nunha fonte de estímulos múltiples. Como veñen, que poden provocar, ata onde
poden levar. Que pasa se se sobrepoñen, mesturan, interfiren. ¿E se hai unha emoción
detrás? Porque seguro que existe un sitio onde podemos recibilos sen medo. Vivilos
adentro. Transmitir.
A danza que se crea soa emprega ao público como seguinte impulso. ¿E se puideramos
vernos sen mirar e oir sen escoitar? Atopariamonos nunha situación distinta, nova e
creativa. E a partir de alí, ¿qué fariamos?
Subscribe to:
Posts (Atom)